Orde e fraternidade. Historia do Banquete de Conxo

Á sombra das árbores centenarias da carballeira de Conxo celebrouse o 2 de marzo de 1856 un xantar de confraternización entre artesáns e estudantes que causou terror entre as forzas vivas dunha cidade universitaria e clerical como Compostela. Neste documental cóntasenos a historia do afamado Banquete de Conxo desde a carballeira onde se celebrou.